From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean de Joigny, ás veces castelanizado como Juan de Juni, nado en Joigny no ano 1506 e finado en Valladolid no 1577, foi un escultor borgoñón que realizou o máis importante do seu traballo en España ao longo do século XVI. É considerado como un dos mellores representantes do maneirismo en España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1506 (Gregoriano) Joigny |
Morte | 1577 (Gregoriano) (70/71 anos) Valladolid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia |
Actividade | |
Ocupación | escultor , pintor |
Lingua | Lingua castelá |
Probablemente perfeccionouse en Italia, aínda que puido recibir influencias da escultura dese país a través de artistas italianos ambulantes. Arredor de 1533 aparece en Castela, onde traballaría o resto da súa vida, inicialmente en León, onde se documenta o seu traballo por vez primeira; logo en Medina de Rioseco, e en 1540 en Salamanca, e posteriormente en Valladolid, onde fixaría o seu domicilio. Nesa cidade falecería no ano 1577 .
Juni non só traballou a escultura exenta, senón que ergueu tamén magníficos retablos, dos que mesmo fixo as trazas, e dos que se conservan consumados exemplos, como o da catedral de El Burgo de Osma (1550) ou da igrexa de Santa María la Antigua, en Valladolid (1545).
Con Alonso Berruguete debe considerarse como o fundador da "Escola escultórica de Valladolid", que se estende ó longo do século XVI con estes e outros escultores, para prolongarse no século XVII, sobre todo con Gregorio Fernández, e atinxir aínda o século XVIII con Luis Salvador Carmona.
O seu estilo mantén o patetismo expresivo propio da arte borgoñoa, talvez herdado do gran Claus Sluter, ao que se suma a influencia de Miguelánxelo, pois o retorcemento angustioso das figuras de Juni emparéntase coa terribilitá do italiano. Autor de figuras de gran tamaño, traballou principalmente a madeira, pero ás veces tamén se achegou ao mármore. O seu traballo lento, no dicir dos contemporáneos, revela, porén, unha árdua planificación do traballo.
O seu fillo, Isaac de Juni, foi un dos seus discípulos directos, e tamén o francés Juan de Angés. Aínda que ambos traballaron na Galiza, é sobre todo a través do último, e do seu fillo Juan de Angés o Novo, como o estilo de Juni se espallou polo Noroeste peninsular.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean de Joigny |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.