Alonso Berruguete

artista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Alonso Berruguete
Remove ads

Alonso Berruguete, nado en Paredes de Nava, Palencia en 1490 e finado en Toledo en 1561, foi un escultor castelán do manierismo, fillo do pintor Pedro Berruguete. Tamén fixo obras pictóricas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Alonso Berruguete, representado nunha estatua en Madrid (José Alcoverro, 1892).

Aprendeu pintura e escultura no taller familiar; as súas obras de entón evidencian o contacto cos escultores activos en Castela, fundamentalmente en Burgos, Ávila, Valladolid e Palencia. Desde 1507 estivo en Italia ampliando os seus coñecementos de pintura, principalmente en Florencia, onde debeu chegar cara a 1512. Alí é citado varias veces por Vasari, quen constata os seus contactos con Bramante, Michelangelo e Leonardo da Vinci. Estivo entre os manieristas toscanos discípulos de Andrea do Sarto e hai quen afirma que participou activamente na xénese do manierismo pictórico florentino. Copiou o Laocoonte recentemente descuberto en Roma por encargo de Bramante, e iso fai supor que se aliñaba no grupo rival de Michelangelo Buonarrotti.

Os longos anos de estancia en Italia permitíronlle coñecer profundamente aos mestres do Quattrocento e os modelos da escultura grecolatina clásica; na súa obra hai unha admiración profunda pola obra de Donatello, quen lle inspira algúns tipos, e, desde logo, Miguel Anxo, polos seus volumes rotundos e a atormentada terribilitá da súa obra final. De Leonardo da Vinci aprendeu a individualizar os rostros, a pesar do cal todas influencias confluíron nun estilo moi persoal e un temperamento fortemente expresivo, que se reflicte nas súas figuras dun contorno llameante e anguloso que revive a estética do Gótico. Vasari considera que en Florencia copiou os cartóns de Michelangelo realizados para a decoración da sala do Gran Consello.

Remove ads

Galería de obras

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Camón Aznar, José (1979). Espasa-Calpe, ed. Berruguete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.
  • Ricardo de Orueta, Berruguete y su obra, Madrid, 1917. Ed. corrixida e prologada: Madrid, Ministerio de Cultura-Museo Nacional Colexio de San Gregorio, 2011 ISBN 978-84-8181-024-7.
  • VV. AA., Museo Nacional Colegio de San Gregorio. Colección / Collection, Madrid, Ministerio de Cultura, 2009. (Ed. bilingüe, Saint Gregory's College National Museum), ISBN 978-84-8181-422-4
  • Camón Aznar, José (1979). Espasa Calpe, ed. Berrugete. Madrid. ISBN 84-239-4279-1.

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads