Julius Erving
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Julius Winfield Erving II, nado o 22 de febreiro de 1950 en Roosevelt, Nova York, comunmente coñecido polo alcume de Dr. J, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que destacou nas décadas dos 70 e os 80. Desenvolveu a súa carreira profesional primeiro na ABA e despois na NBA, e axudou a desenvolver o estilo de xogo moderno, sendo ademais un dos pioneiros do mate, popularizando o espectacular "Tomahawk" e o seu mate dende a liña de tiro libre.[1]
Julius Erving | |
---|---|
Posición | Ala |
Dorsal | 32, 6 |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Nacemento | 22 de febreiro de 1950 (74 anos) Roosevelt, Nova York |
Carreira | |
Universidade | Massachusetts |
NBA Draft | 1972 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por Milwaukee Bucks |
Tempadas | 1971–1987 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA e ABA) | |
Puntos | 30 026 (24,2 pp) |
Rebotes | 10 525 (8,5 pp) |
Roubos | 2 272 (2,0 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Erving gañou tres campionatos, catro premios MVP e tres títulos de máximo anotador tanto na ABA, con Virginia Squires e New York Nets, como na NBA, con Philadelphia 76ers. É o quinto máximo anotador da historia do baloncesto profesional con 30.026 puntos (NBA e ABA combinados). O Dr. J foi nomeado un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e en 1993 foi incluído no Basketball Hall of Fame. Moitos o consideran un dos xogadores de baloncesto máis espectaculares da historia e un dos mellores "dunkers" de tódolos tempos, ademais de innovar co drible "cros-over" drible e os pases sen mirar.