Kachina Chasmata
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kachina Chasmata (ou Kachina Chasma) é o canon máis longo da superficie da lúa de Urano, Ariel. O seu nome procede do nome dun espírito da mitoloxía Hopi.[2] A chasmata ten 622 km de longo por 50 de ancho, cun sistema de fallas normais que corre en dirección noroeste-sueste. As fallas forman bloques nos chanzos das fallas chamados graben.[1] Estes canons cortan terreos con cráteres, o cal indica que posiblemente estes canons se formasen nun estadio tardío da evolución da lúa, cando o interior de Ariel se expandiu e o xeo da superficie rachou coma resultado desta expansión.[3] O chan de Kachina Chasma non é visible nas imaxes obtidas pola sonda Voyager 2 en xaneiro do ano 1986;[1] así pois, non se sabe se o chan da chasmata está cuberto por chairas suaves coma no caso doutras chasmata de Ariel.[3]
Kachina Chasmata | |
---|---|
Imaxe de Ariel feita pola Voyager 2. Kachina Chasma pode ser vista na parte superior da imaxe. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Chasmata |
Accidente xeolóxico de | Ariel |
Dimensións | 622 x 50 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 33,7° S 246° E[2](coord. centrais) |
Procedencia do nome | espírito da mitoloxía Hopi.[2] |
Durante o sobrevoo da Voyager 2 no ano 1986 sobre o hemisferio norte de Ariel, este non estaba iluminado polo Sol xa que a sonda chegou durante o transcurso do solsticio do sur de Urano. Pero con todo e grazas á iluminación recibida da reflexión da luz sobre Urano, os científicos puideron detectar algúns detalles do 'hemisferio escuro' poñendo en funcionamento novos métodos de procesado de imaxes. Estas análises indican que a chasmata segue discorrendo a través do hemisferio escuro, posiblemente incluso chegue a acada-lo outro lado do limbo.[4][5] A distancia total de Kachina Chasmata podería acada-los 1800–2200 km, e podería ser comparable a Ítaca Chasma de Tetis. [6]