Kanato de Kara-Khitai
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Khanato de Kara Khitai ou Qara Khitai ou Liao Occidental, oficialmente o Gran Liao, foi un imperio khitan de Asia Central influenciado pola cultura chinesa. O fundador da dinastía foi Yelü Dashi, quen conduciu os restos das dinastía Liao ata Asia Central despois de fuxir da conquista dos jurchen abandonando a súa patria no norte e nordeste da actual China. O imperio foi usurpado polos naiman baixo o poder de Kuchlug en 1211; as fontes tradicionais chinesas, persas, e árabes consideran que a usurpación foi o final do goberno Kara Khitai.[1] Máis tarde o imperio foi conquistado polos mongois (ano 1218).
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Balasagun (pt) | |||
Poboación | ||||
Relixión | budismo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1124 | |||
Disolución | 1218 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Imperio Mongol | |||
Pechar