Kansas (grupo musical)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kansas é unha banda de rock estadounidense que se fixo popular durante a década dos 70 inicialmente en listas de rock orientado aos álbums e posteriormente con exitosos sinxelos como "Carry On Wayward Son" e "Dust in the Wind".[1] O grupo lanzou nove discos de ouro, tres multiplatino (Leftoverture 4×, Point of Know Return 4×, e The Best of Kansas 4×), e outro álbum de estudio platino (Monolith), un álbum dobre ao vivo platino (Two for the Show), e un sinxelo cun millón de vendas, "Dust in the Wind". Kansas apareceu nas listas estadounidenses da Billboard durante máis de 200 semanas nos 70 e 80 e realizou concertos en grandes estadios con todas as entradas vendidas en América do Norte, Europa e o Xapón. "Carry On Wayward Son" foi a segunda canción máis reproducida na radio de rock clásico estadounidense en 1995 e a primeira en 1997.[2]
Kansas | |
---|---|
Kansas en 2016 | |
Orixe | Topeka, Kansas, |
Período | 1973 - 1984 1985 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, art rock, hard rock, arena rock |
Selo(s) discográfico(s) | Kirshner, MCA, Magna Carta, Inside Out |
Membros | Phil Ehart Rich Williams Billy Greer David Ragsdale Ronnie Platt Tom Brislin |
Antigos membros | Kerry Livgren Dave Hope Lynn Meredith Don Montre Dan Wright Greg Allen Larry Baker Rod Mikinski Zeke Lowe John Bolton Brad Schulz Robby Steinhardt Steve Walsh John Elefante Steve Morse Greg Robert David Manion Zak Rizvi |
Na rede | |
kansasband.com | |