Karl-Anthony Towns Jr., nado o 15 de novembro de 1995 en Piscataway, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional con pasaporte estadounidense e dominicano que xoga como pivote ou ala-pivote nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA). Formado na Universidade de Kentucky, foi a primeira elección do Draft da NBA de 2015.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaKarl-Anthony Towns
Thumb
(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Piscataway, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
República Dominicana Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoDominicanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kentucky (2014–2015)
St. Joseph High School (en) Traducir (2011–2014) Editar o valor en Wikidata
Altura211 cm Editar o valor en Wikidata
Peso113 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaRepública Dominicana Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo32 Editar o valor en Wikidata
Convocado porMinnesota Timberwolves Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2014-2015 Kentucky Wildcats
2015- Minnesota Timberwolves Editar o valor en Wikidata
Participou en
20132013 FIBA Americas Championship (en) Traducir
20122012 Centrobasket (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiJacqueline Cruz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
4 de marzo de 2020COVID-19 pandemic in New Jersey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm7373602 Facebook: karlanthonytowns Twitter: KarlTowns Instagram: karltowns Youtube: UCrNOyStxT4VkmMx56cqBgIg Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Instituto e universidade

Thumb
Towns no McDonald's All-American de 2014.

Towns medrou en Piscataway, Nova Jersey, onde asistiu á escola "Lake Nelson Seventh-Day Adventist School", posteriormente foi á "Theodore Schor Middle School" e repetiu o sétimo grao despois da transferencia desde "Our Lady of Fatima School" en 2009. A continuación acudiría ao instituto "St. Joseph", onde liderou ao equipo de baloncesto ao campionato estatal de 2012, gañándose a primeira posición nunha clasificación nacional de xogadores de institutos chamado ESPN 25.[1] Durante a súa primeira tempada, Towns fixo unha media de 11,6 puntos, 9,6 rebotes, 1,4 asistencias e 3,8 tapóns por partido mentres lideraba ao seu instituto a unha marca de 28-1. Despois da tempada, foi incluído no mellor quinteto estatal de ano.

Foi seleccionado aos 16 anos de idade para xogar na selección de baloncesto da República Dominicana. Towns era escollíbel baseándose no feito de que a súa nai é dominicana. Durante os torneos de 2011 e 2012, foi dirixido por John Calipari, ex-adestrador da NBA e adestrador da Universidade de Kentucky. A comezos de decembro de 2012, Towns anunciou que se graduaría un ano antes do instituto e comprometeuse para xogar baloncesto cos Kentucky Wildcats co adestrador Calipari. Na súa segunda tempada en 2012-13, Towns rexistrou a súa mellor media na súa carreira no instituto con 21,3 puntos, 14,3 rebotes, 3,4 asistencias, 1,8 roubos e 5,6 tapóns por partido e liderou ao seu instituto ao campionato estatal por segunda vez consecutiva. O 6 de xaneiro de 2013, Towns rexistrou o seu primeiro cuádruplo-dobre con 16 puntos, 17 rebotes, 11 tapóns e 11 asistencias contra o instituto St. Peter's. Antes do seu primeiro cuádruplo-dobre, anotou 35 puntos, atrapou 16 rebotes e taponou cinco intentos contra o instituto South Brunswick. Alcanzou cifras dobres en anotación en 28 partidos, anotando 20 ou máis puntos en 16 ocasións, incluíndo 3 partidos de 30 ou máis puntos. Ao finalizar a tempada, Towns foi nomeado no mellor quinteto estatal do ano por segunda vez consecutiva.

Na súa última tempada, foi incluído no mellor quinteto estatal do ano por terceira vez consecutiva, ademais foi elixido xogador nacional de instituto do ano por Gatorade. Towns liderou ao instituto a unha marca de 30-2, ao campionato estatal por terceira vez consecutiva e ao título do torneo de campións da New Jersey State Interscholastic Athletic Association. En 32 partidos, fixo unha media de 20,9 puntos, 13,4 rebotes, 4,3 asistencias, 1,8 roubos e 6,2 tapóns por partido, cun 66% de acerto en tiros de campo e un 82% de acerto en tiros libres. O 5 de xaneiro de 2014, rexistrou o seu segundo cuádruplo-dobre con 20 puntos, 14 rebotes, 12 tapóns e 10 asistencias. Durante a súa última tempada, rexistrou 22 dobres-dobres e 3 triplos-dobres, ademais alcanzou cifras dobres en anotación en 31 partidos, anotando 20 ou máis puntos en 22 partidos.

Para culminar a súa carreira no instituto, Towns participou nos eventos para estrelas de instituto de último ano como o McDonald's All-American, o Jordan Brand Classic e o Nike Hoop Summit. Ao ano seguinte comezaría a súa andanza na competición universitaria cos Wildcats da Universidade de Kentucky. Na súa única temporada Towns fixo unha media de 10,3 puntos, 6,7 rebotes e 2,3 tapóns por partido, sendo elixido Novato do Ano da Southeastern Conference, no mellor quinteto tanto absoluto como freshman, e no segundo equipo consensuado All-American.

Profesional

O 25 de xuño de 2015, Towns foi elixido na primeira posición do Draft da NBA polos Minnesota Timberwolves, converténdose no primeiro xogador iberoamericano en ser elixido no devandito posto. Tamén se converteu no quinto en ser elixido na primeira posición de calquera draft dos deportes profesionais dos Estados Unidos. O 7 de xullo asinou o seu primeiro contrato como profesional cos Timberwolves e, menos dun mes despois, o 3 de agosto, asinou un contrato coa compañía de roupa deportiva estadounidense Nike.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.