política islandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Katrín Jakobsdóttir, nada en Reiquiavik o 1 de febreiro de 1976, é unha política islandesa e a Primeira Ministra de Islandia dende 2017. Membro do Althing (parlamento islandés) dende 2007, foi ministra de Educación, Ciencia e Cultura entre o 1 de febreiro de 2009 e o 23 de maio de 2013,[1] e presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð) dende o 23 de febreiro de 2013.
Katrín graduouse na Universidade de Islandia en 1999 como licenciada en islandés e francés, e en 2004, pola mesma universidade, obtivo un mestrado en artes. A súa tese versou sobre a obra do escritor islandés de novela negra Arnaldur Indriðason.[1]
En 2007 foi elixida parlamentaria pola circunscrición norte de Reiquiavik. No parlamento integrou os comités de educación e cultura, e de economía e impostos.
En febreiro de 2009, logo de que o goberno de centrodereita dirixido por Geir H. Haarde dimitise por mor das protestas polo negativo impacto da crise financeira en Islandia, Katrín pasou a formar parte dun goberno provisional integrado polo seu partido en coalición coa Alianza Socialdemócrata, no que asumiu o cargo de ministra de Educación, Ciencia e Cultura.[2] O 26 de abril de 2009, logo dunha contundente vitoria electoral da coalición de socialdemócratas, esquerdas e verdes, foi confirmada no seu ministerio.[3]
Como ministra, Katrín levou adiante unha novidosa política de promoción da industria creativa como medio para remontar os efectos da crise económica financeira.[4] Deixou o seu cargo o 23 de maio de 2013, despois de que as eleccións de 27 de abril de 2013 desen a vitoria á oposición de centrodereita.[5]
O 23 de febreiro de 2013 foi elixida presidenta do Movemento de Esquerda-Verde (Vinstrihreyfingin – grænt framboð).
O 30 de novembro de 2017 asumiu o cargo como primeira ministra de Islandia, unha vez que se logrou unha coalición entre o Movemento de Esquerda-Verde, o Partido da Independencia e o Partido Progresista, que xuntos sumaron 35 dos 63 escanos do Althing.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.