O kelvin (símbolo: K) é a unidade SI de temperatura e é unha das sete unidades-base do SI.

Máis información Conversión de, para ...
Fórmulas de conversión de temperaturas en kelvin
Conversión de para Fórmula
kelvinFahrenheit°F = K × 1.8 - 459.67
FahrenheitkelvinK = (°F + 459.67) / 1.8
kelvinCelsius°C = K - 273.15
CelsiuskelvinK = C° + 273.15
kelvinRankine°Ra = K × 1.8
RankinekelvinK = °Ra / 1.8
kelvinRéaumur°Ré = (K - 273.15) × 0.8
RéaumurkelvinK = °Ré × 1.25 + 273.15
Pechar

Características

O kelvin defínese por dous feitos:

  • O cero kelvin é o cero absoluto, a temperatura á que cesan completamente os movementos moleculares.
  • Un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do punto triplo da auga (0.01°C). A escala de temperaturas Celsius é hoxe definida en función do kelvin.

O kelvin recibiu este nome en honra do físico e enxeñeiro Willian Thomson, que se tornou Lord Kelvin cando foi feito par do reino.

Nomenclatura

En canto unidade SI, o kelvin é escrito cun k minúsculo (excepto, claro, no comezo das frases) e non debe ser precedido polas palabras grao ou graos ou o símbolo °, como os graos Celsius ou Fahrenheit. Isto acontece porque estas son escalas de medición, en canto que o kelvin é unha unidade de medición. Cando o kelvin foi introducido en 1954 (na 10ª Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, Resolución 3, CR 79), recibiu o nome de grao Kelvin e o símbolo °K; o "grao" (°) foi suprimido en 1967 (13ª CGPM, Resolución 3, CR 104).

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.