O Kingman Reef, en galego: Arrecife Kingman, é un pequeno arrecife de coral tropical de 1 km² de superficie, situado ao norte do océano Pacífico, aproximadamente a medio camiño entre Hawai e Samoa Americana, ó redor de 920 millas náuticas ao sur de Honolulu. (6°24' N, 162°24' O). Forma parte do conxunto das Illas da Liña.

Máis información Datos, Localización ...
Arrecife Kingman
Parte sueste do arrecife Kingman, desde o norte
Datos
PaísEstados Unidos de América
Illa principal
Linguas
Poboación (2009)Deshabitado
Superficie0´01 km²
Superficie lagoa60 km²
Nº de illas1
Coordenadas6°24′N 162°24′O
Maior Altura
Localización
Localización do Arrecife Kingman
Pechar

En 1789 foi descuberto polo capitán do navio Betsey, Edmund Fanning, que estivo a piques de encallar. A posición foi fixada en 1853, polo norteamericano W.E. Kingman do Shooting Star, que deixou o seu nome, aínda que tamén foi coñecida como Danger Rock.

É a fronteira norte da liña de illas do Pacífico e un territorio non incorporado dos Estados Unidos administrado en Washington, D.C. pola Armada dos Estados Unidos, anexado en 1922. O arrecife está pechado ao público, xa que as autoridades norteamericanas non permiten a visita deste territorio.

Ás veces, a súa franxa costeira pode chegar a tres quilómetros de circunferencia, con todo o punto máis alto do arrecife é dun metro sobre o nivel do mar, polo que o arrecife se atopa case permanentemente mollado ou alagado o que supón un gran risco para o tráfico marítimo. Non ten recursos naturais, está deshabitado e non xera ningún tipo de actividade económica. O arrecife contén unha profunda lagoa interior que foi usada en 1937 e 1938 como unha estación intermedia entre Hawai e a Samoa Americana polos hidroavións da aeroliña Pan Am. A finais dos anos 30, Pan American planeou ancorar un hotel flotante en Kingman e usar o arrecife como unha parada para os seus hidroavións no seu camiño cara a Nova Zelandia pero a idea foi abandonada.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.