Coco

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Coco
Remove ads

O coco[2][3] (Cocos nucifera) é unha palmeira duns 30 m de altura da familia Arecaceae. É a única especie do xénero Cocos. Chámase tamén coco ao seu froito.[4].

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Datos rápidos Valor nutricional por 100 g, Enerxía ...
Remove ads
Thumb
Coco
Thumb
Tronco de coco

O nome da planta: coco, empregado en todas as linguas occidentais, vén do galego-portugués: côco (cranio, cabeza), e á súa vez do protocelta. Está tamén relacionado co personaxe mitolóxico do coco.

Remove ads

Localización

Thumb
Coco a xermolar nunha praia de Hawai.

A planta pódese atopar nos areais da beiramar tropical [5] do mar Caribe, océano Índico e Pacífico. Cultivada dáse noutras zonas de clima quente. Adoita medrar dende o ecuador até paralelos 28º de ambos os dous hemisferios, con algunhas excepcións como as illas Bermudas ou o arquipélago de Madeira no paralelo 32º, ou Illas Kermadec, entre os paralelos 29º e 31º.

Remove ads

Descrición

As follas desta planta son de gran tamaño ata os 3 m de longo e o seu froito, a noz de coco, contén a semente máis grande que existe. O coqueiro é unha soa especie con múltiples variedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comezase a cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.

As flores do coco son poligamomonoecias, coas flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.

Remove ads

Etilmoloxía

A etimoloxía da palabra coco é galego-portuguesa, cunha antiga orixe celta *krowkā-[6]. O nome do froito veulle dado polos navegantes portugueses durante a primeira viaxe de Vasco da Gama á India, cando trouxeron por vez primeira o coco a Europa. Segundo Losada, os mariñeiros déranlle o nome pola semellanza a unha cabeza ou coco (en galego e portugués) xa que semella unha face con dous ollos e unha boca aberta, moi semellante ao monstro 'côco', 'coca' ou 'cuca' do folclore galegoportugués (tamén a bugallo do carballo chámase coca en galego).[7][8] Aparentemente o nome 'coco' veu dos encontros en 1521 entre os mariñeiros portugueses e os moradores das costas do Índico, porque ningún nome semellante se atopa en calquera das linguas da zona, onde os portugueses apañaron o froito; de feito Barbosa, Barros e García, ao mencionaren o nome na lingua tamil-malaiam tenga e kanarés narle, din claramente, "chámamos eses froitos quoquos", "a nosa xente deulles o nome de coco" e "ao que nós chamamos coco e os de Malabar temga".

Orixes

Thumb
A apañar cocos. Xusto tralo coco apréciase un exemplar novo.

A orixe da planta é descoñecida, para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.

Remove ads

Cultivo

Thumb
Cocos aínda sen florear.
Thumb
Exportacións de noz de coco en 2005.

A planta non atura o frío,[5] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e ao sal. Prefire áreas asolladas (do tipo tropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como as Illas Canarias, Hawai, Cabo Verde ou a Florida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[9]

Remove ads

Utilidade

Artigo principal: coco (drupa).

O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; da copra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes de Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consomen o zume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida coma viño de coco.

As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.

Produción

Indonesia lidera a produción mundial de cocos no ano 2012, seguida de Filipinas e a India. Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.

Máis información Listaxe dos 12 principais produtores de coco o ano 2012, País ...
Remove ads

Sinonimia

Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Cocos nucifera:[10]

  • Palma cocos Mill. (1768), nom. illeg.
  • Calappa nucifera (L.) Kuntze (1891).
  • Cocos indica Royle (1840).
  • Cocos nana Griff. (1851).

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads