Kuch Kuch Hota Hai
filme de 1998 dirixido por Karan Johar / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kuch Kuch Hota Hai, (en hindi: कुछ कुछ होता है) tamén coñecido como KKHH ou K2H2, é un filme indio de 1998 rodado en lingua hindi, escrito e dirixido por Karan Johar e producido baixo o selo Dharma Productions. Está protagonizada pola popular parella cinematográfica de Shah Rukh Khan e Kajol, xunto con Rani Mukerji e Salman Khan. Tamén presenta a Sana Saeed nun papel secundario. A trama combina dous triángulos amorosos separados por varios anos. A primeira metade trata sobre os amigos dun campus universitario, mentres que a segunda conta a historia dunha filla pequena dun viúvo que tenta reunir o seu pai coa súa vella mellor amiga.
Datos rápidos Kuch Kuch Hota Hai, Ficha técnica ...
Kuch Kuch Hota Hai | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | कुछ कुछ होता है |
Director | Karan Johar |
Produtor | Yash Johar |
Guión | Karan Johar |
Intérpretes |
|
Música | Jatin–Lalit |
Fotografía | Santosh Thundiyil |
Montaxe | Sanjay Sankla |
Estudio | Dharma Productions |
Distribuidora | Yash Raj Films |
Estrea | 16 de outubro de 1998 |
Duración | 185 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Romance e musical |
Orzamento | 100 millóns de rupias[2] |
Recadación | 1,07 billóns de rupias[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
![]() |
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |