L'Espluga de Francolí
concello e vila da Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
L'Espluga de Francolí é un concello e vila catalá que se atopa na provincia de Tarragona, na comarca da Conca de Barberà. O nome da vila provén do latín spelunca 'espenuca', 'cova', denominación pola que xa era coñecida no século XI, en referencia ás numerosas grutas e cavernas dos arredores, entre as cales cómpre sinalar a cova da Font Major, por onde transcorre baixo terra o río Francolí. Esta espenuca foi descuberta por casualidade en 1853, e é actualmente visitábel. Constitúe, co museo adxacente, unha das máximas atraccións turísticas da vila.
Nomeado en referencia a | cova e Río Francolí ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Ámbito funcional territorial | Camp de Tarragona | ||||
Comarca | Conca de Barberà ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.733 (2023) ![]() | ||||
Número de fogares | 151 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Diocese | Arquidiocese de Tarragona ![]() | ||||
Superficie | 57,2 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Francolí ![]() | ||||
Altitude | 411 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Vallbona de les Monges (pt) ![]() Fulleda, norte Senan, norte Vimbodí i Poblet, oeste Blancafort, leste Montblanc, leste Rojals (pt) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Abdon and Sennen (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Josep M. Vidal Minguella (2019–) ![]() | ||||
Orzamento | 8.310.330,2 € (2022) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43440 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 43054 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 430542 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | esplugadefrancoli.cat ![]() |
L'Espluga de Francolí áchase no extremo suroriental da comarca, situado entre a serra do Tallat, o norte, na estrema das comarcas das Garrigues e do Urgell, e os riscos da fraga de Poblet e maila Pena, dos montes de Prades, ao sur; no medio, o val e o cavorco do Reguer, coas leiras e videiras. Testa ao norte con Fulleda, Senan e Vallbona de les Monges, ao leste con Blancafort e Montblanc (que tamén estrema polo sur) e ao oeste con Vimbodí.
O termo está atravesado polo río Francolí, que abrolla na Font Major de L'Espluga, na confluencia dos ríos Sec e Milans. Pódese acceder pola estrada N-240 e pola autoestrada AP-2, con saída por Montblanc; tamén ten conexión coas vilas veciñas grazas a diversas estradas locais. Ten unha estación do camiño de ferro (liña Lleida-Reus) por onde pasa a liña do AVE.
A maioría da poboación concéntrase na vila de L'Espluga de Francolí. Existe un núcleo urbano no balneario de Les Masies, a dous quilómetros ao sur de L'Espluga, preto do Mosteiro de Poblet, no concello de Vimbodí. Na estrema sur do concello atópase o santuario da Santísima Trindade.