La Tercera
From Wikipedia, the free encyclopedia
La Tercera é un periódico chileno de circulación diaria. Na actualidade é un dos xornais de maior circulación en Chile, e mantén unha dura competencia con El Mercurio, de maior tradición. La Tercera forma parte do grupo Copesa, liderado polo empresario Álvaro Saieh. Forma parte de Periódicos Asociados Latinoamericanos (PAL), ao que pertencen outras importantes casas editoriais de Latinoamérica.