La fille aux cheveux de lin
composición para piano de Claude Debussy / From Wikipedia, the free encyclopedia
La fille aux cheveux de lin é unha composición musical para piano solo do compositor francés Claude Debussy. É a oitava peza do primeiro libro Préludes, escrito entre finais de 1909 e principios de 1910. O título en francés e é traducible ao galego como A rapaza cos cabelos de liño. A peza ten unha extensión de 39 compases e dura aproximadamente dous minutos e medio. Está escrita na tonalidade de sol bemol maior.
La fille aux cheveux de lin | |
---|---|
de Claude Debussy | |
Debussy en 1908, dous anos antes da composición de La fille. | |
Tonalidade | Sol bemol maior |
Xénero | Pianístico |
Forma | Preludio |
Texto | La fille aux cheveux de lin de Leconte de Lisle |
Composición | 1909-1910 |
Publicación | Abril de 1910 |
Estrea | |
Data | 2 de xuño de 1910 |
Lugar | Bechstein Hall, Londres |
Intérpretes | Franz Liebich |
A peza, nomeada así polo poema homónimo de Leconte de Lisle, é coñecida bola súa simplicidade, unha diverxencia respecto do estilo de Debussy nesa época. Finalizada en xaneiro de 1910, foi publicada tres meses despois e estreada en xuño dese ano. O preludio é unha das pezas máis gravadas, tanto na súa versión orixinal como en varios arranxos posteriores.