Lacértidos
familia de réptiles que comprende especies de pequeno tamaño coñecidas vulgarmente como lagartas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos lacértidos,[3] taxonomicamente Lacertidae, é unha familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos escincomorfos, que comprende especies de pequeno tamaño coñecidas vulgarmente en galego como lagartas,[4] e outras de maior tamaño como os lagartos,[5][6] que viven en Europa, África e Asia.
Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Lacértidos Lacertidae Rango fósil: cretáceo temperán – actualidade (136,4 - 0 millóns de anos)[1][2] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lagarto arnal (Timon lepidus) en Fisterra | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Lacerta agilis Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Subfamilias, Tribos e Xéneros | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Pechar
É unha familia moi diversa con polo menos 300 especies distribuídas en 39 xéneros. O grupo inclúe o xénero Lacerta, que contén algunhas das especies de lagartos máis comúns en Europa.
En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca.[7]