From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago Balkash (casaco: Балқаш Көлі, Balqash Köli; ruso: Озеро Балхаш, Ozero Balkhash) é un gran lago endorreico que ocupa unha depresión pechada na área suroriental de Kazhakhstán, e que forma parte da ampla cunca endorreica da Asia Central que inclúe entre outros o mar Caspio e o mar de Aral. Cunha superficie de 16996 km², é un dos lagos máis grandes de Asia e o duodécimo lago continental máis grande do mundo. A súa altura media é de 320 m sobre o nivel do mar e drena unha gran cunca de 413000 km².
Lago Balkhash | |
---|---|
Vista dende o espazo do lago (NASA, 1991) | |
Capacidade | 440 km³ hm³ |
Lonxitude | 605 km |
Cota | 341,4 m msnm |
Profundidade | 25,6 m m |
Prof. media | 5,8 m m |
Tipo | Lago salino en parte |
Referencia | * Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas. |
No lago desaugan sete ríos, sendo o principal o río Ili, que proporciona a maior parte da auga da ribeira, mentres que outros, como o río Karatal, proporcionan auga tanto en superficie como achegando fluxo subsuperficial. O Ili aliméntase da precipitación (en gran parte o desxeo de primavera) das montañas da China, na rexión de Xinjiang. Os outros ríos, de menor caudal, son o Lepsa, o Aksu, o Byan, o Kapal e o Koksu.
De xeito semellante ao que sucede no mar de Aral, o lago está diminuíndo a causa do uso extensivo que se fai da auga procedente dos ríos que o alimentan.[1] O lago está dividido case en dúas partes por unha península, que deixa a zona occidental de auga doce e a oriental de auga salgada.[2][3][4][5] A profundidade media do lago é de 5,8 m, e a máxima é de 25,6 m.
A cidade máis grande da zona do lago tamén se chama Balkhash e ten uns 66 000 habitantes. As principais actividades industriais na zona son a minaría, o procesamento de minerais e a pesca. O lago permanece xeado dende finais de novembro ata principios da primavera.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.