From Wikipedia, the free encyclopedia
Un lago hipersalino é un corpo de auga pechado que contén concentracións altas de cloruro sódico ou outros sales, con niveis salinos que sobrepasasn os da auga de mar (3,5%, é dicir, 35 g/L). Nestes ambientes de alta salinidade poden prosperar microbios e crustáceos especializados[1] pero son augas hostís para a maioría das formas de vida. Algunhas desas especies entran en estado dormente cando se desecan, e algunhas especies crese que sobreviviron durante 250 millóns de anos.[2] A auga dos lagos hipersalinos ten unha gran flotabilidade debido ao alto contido de sal.
O corpo de auga máis salgada do mundo é a lagoa Don Juan, situada nos Vales secos de McMurdo da Antártida. O seu volume é duns 3 000 m3, pero está cambiando constantemente. A lagoa de Don Juan ten un nivel de salinidade dun 44%,[3] (é dicir, é 12 veces máis salgada que a auga de mar). A súa alta salinidade impide que se conxele incluso con temperaturas polares de -50 °C.[3] Hai grandes lagos hipersalinos neses vales antárticos, como o lago Vanda cunha salinidade do 35% (é dicir, 10 veces maior que a do océano). Están cubertos de xeo en inverno.
Fóra da Antártida o lago máis salino é o lago Assal de Djibuti,[4] que ten unha salinidade do 34,8% (unhas 10 veces a do océano). Probablemente os lagos hipersalinos máis coñecidos son o mar Morto (34,2% de salinidade en 2010) e o Gran Lago Salgado (do 5 ao 27% de salinidade variable). O mar Morto que separa Israel de Cisxordania, é o lago hipersalino situado máis por debaixo do nivel do mar e a lagoa Araruama é o lago hipersalino máis grande do mundo.[5] O Gran Lago Salgado, situado en Utah, aínda que ten o triplo da superficie do mar Morto, ten pouca profundidade e experimenta fortes flutuacións do seu nivel, maiores que as do mar Morto. Nos seus niveis menores rexistrados, aproxímase a 7,7 veces a salinidade do mar, pero cando o seu nivel é alto, a súa salinidade baixa a só un pouco máis que a salinidade mariña.[6][7][8]
Os lagos hipersalinos encóntranse en todos os continentes, especialmente en rexións áridas e semiáridas.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.