Lando Norris
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lando Norris, nado en Bristol o 13 de novembro de 1999, é un piloto de carreiras inglés e belga.[1] Actualmente compite na Fórmula 1 con McLaren, correndo baixo bandeira británica. Gañou o Campionato de Fórmula MSA en 2015, e a Toyota Racing Series, Eurocup Formula Renault 2.0 e Fórmula Renault 2.0 Copa do Norte de Europa en 2016. Tamén recibiu o McLaren Autosport BRDC Award ese ano. Posteriormente gañou o Campionato Europeo de Fórmula 3 de 2017. É membro do programa de pilotos novos de McLaren, competindo con Carlin Motorsport. En consecuencia, foi ascendido ao equipo de Fórmula 2 de Carlin, onde quedou segundo no 2018. Logo foi anunciado como piloto de McLaren en 2018, xunto a Carlos Sainz Vázquez de Castro, logrou o seu primeiro podio na Fórmula 1 no Gran Premio de Austria de 2020. Desde o Gran Premio de Australia de 2024 ostenta o récord de máis podios sen gañar (14).
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1999 (24 anos) Bristol, Reino Unido | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | Reino Unido Bélxica | ||||||||||||||||
Educación | Millfield (en) | ||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua inglesa | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Reino Unido | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Fórmula 1 | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Páxina web | landonorris.com | ||||||||||||||||