Languedoc-Rosellón
rexión de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Languedoc-Rosellón[1][2] ou Languedoc-Roselló[3][4] (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha antiga rexión francesa que agrupaba cinco departamentos. Estaba bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León) e mais as rexións de Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos[quen?] falaban dun anfiteatro que mira ao mar, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.
Languedoc-Roussillon (fr) | |||||
Nomeado en referencia a | Languedoc e Rossilhão (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Capital | Montpellier | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.729.721 (2013) (116,77 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua occitana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23.376 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 4 de xuño de 1960 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 2015 | ||||
Sucedido por | Occitania | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-K | ||||
Código NUTS | FR81 | ||||
INSEE region code (en) | 91 | ||||
Os seus cinco departamentos eran herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Eran: o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).
No 2004 o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que levaba a divisa: "Vivir na Septimania".
Dende o 1 de xaneiro de 2016 forma parte administrativamente da nova rexión de Occitania.[5]