Lee Kuan Yew, coñecido polas súas iniciais LKY e ás veces referido nos seus primeiros anos como Harry Lee, nado en Singapur o 16 de setembro de 1923 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 2015, foi o primeiro Primeiro Ministro de Singapur, gobernando durante tres décadas. Lee é recoñecido como o pai fundador da nación, co país descrito como en transición dende "o terceiro mundo ao primeiro nunha única xeración" baixo o seu liderado.[1][2][3]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Lee Kuan Yew
Ordem de São Miguel e São Jorge (pt) (2002) |
Nome orixinal | (zh) 李光耀 |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 16 de setembro de 1923 Singapur |
---|
Morte | 23 de marzo de 2015 (91 anos) Singapore General Hospital, Singapur (en) |
---|
Causa da morte | Morte natural (Pneumonía ) |
---|
Lugar de sepultura | Mandai Crematorium and Columbarium (en) |
---|
|
|
Minister Mentor (en) |
---|
|
|
12 de agosto de 2004 – 20 de maio de 2011 |
Senior Minister (en) |
---|
28 de novembro de 1990 – 11 de agosto de 2004 |
Member of the Dewan Rakyat (en) |
---|
|
2 de novembro de 1963 – 9 de agosto de 1965 |
Primeiro ministro de Singapur |
---|
5 de xuño de 1959 – 28 de novembro de 1990 ← Lim Yew Hock (en) – Goh Chok Tong (pt) → |
Membro do Parlamento de Singapura (pt) |
---|
|
|
22 de abril de 1955 – 23 de marzo de 2015 |
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Singapore General Hospital (en) (2015–2015) 38 Oxley Road (en) (década de 1940–2015) |
---|
País de nacionalidade | Singapur |
---|
Relixión | Agnosticismo |
---|
Educación | Fitzwilliam College, Cambridge (pt) Instituto Raffles (pt) Universidade Nacional de Singapura (pt) Universidade de Cambridge London School of Economics Universidade de Londres |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | filósofo , estadista , avogado , autobiógrafo , político |
---|
Empregador | Universidade de Cambridge |
---|
Partido político | Partido de Acción Popular |
---|
Lingua | Lingua xaponesa, mandarín estándar, Língua hokkien (pt) , lingua malaia, Lingua támil, lingua inglesa e lingua chinesa |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Kwa Geok Choo (1950–2010) |
---|
Fillos | Lee Hsien Loong, Lee Hsien Yang (en) , Lee Wei Ling (en) |
---|
Pais | Lee Chin Koon (en) e Chua Jim Neo (pt) |
---|
Irmáns | Freddy Lee (en) |
---|
Parentes | Lee Choo Neo (en) (Tía) |
---|
|
|
|
Pechar
Como cofundador e primeiro secretario xeral do Partido de Acción Popular (PAP), liderou o partido nunha vitoria esmagadora en 1959, participou na separación de Singapur da Federación Malaia en 1965 e nas transformacións dunha colonia relativamente subdesenvolvida sen recursos no primeiro mundo. Foi unha das figuras políticas máis influentes do Sueste asiático.
Baixo a administración do segundo primeiro ministro de Singapur, Goh Chok Tong, traballou como Ministro Senior. Ostentou o cargo de Ministro Mentor, un posto creado polo seu fillo, Lee Hsien Loong, que se converteu no terceiro primeiro ministro o 12 de agosto de 2004.[4][5]