Lei de Boyle
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei de Boyle (tamén coñecida como lei de Boyle-Mariotte) é unha das leis dos gases ideais. Establece que o volume é inversamente proporcional á presión, a unha temperatura constante dentro dun sistema pechado.[1] Foi enunciada por Robert Boyle en 1662.[2]
Boyle investigou en 1662 a relación entre a presión (P) e o volume (V) dos gases e atopou que para unha cantidade fixa mantida a unha presión constante ,P e V son inversamente proporcionais
Onde k é unha constante, se a temperatura e a masa do gas fican constantes.
Cando aumenta a presión, o volume baixa, mentres que se a presión diminúe, o volume aumenta. Non é necesario coñecer o valor exacto da constante para poder facer uso da lei se consideramos dúas situacións, como está representado no debuxo, pois mantendo constante a cantidade de gas e a temperatura, deberá cumprirse a relación:
onde:
De certo, a lei de Boyle, cúmprese só de xeito aproximado nos gases reais, xa que as moléculas do gas exercen forzas entre si, as desviacións da lei aproxímanse a cero no límite da densidade cero (cando a presión é cero ou cando a temperatura é infinita) xa que as moléculas do gas están infinitamente separadas unha da outra e as forzas entre as moléculas quedan anuladas. Polo tanto no límite de densidade cero o gas faise ideal.