Lei de Hardy-Weinberg
lei da constancia das frecuencias alélicas e xenotípicas nunha poboación / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei de Hardy–Weinberg, tamén chamada principio de Hardy–Weinberg ou equilibrio de Hardy–Weinberg di que as frecuencias alélicas e xenotípicas nunha poboación permanecerán constantes de xeración en xeración en ausencia doutras influencias evolutivas. Estas influencias inclúen a selección intersexual, a mutación, a selección, deriva xenética, fluxo xénico e impulso meiótico (meiotic drive). Dado que polo menos unha ou máis destas influencias están tipicamente presentes nunha poboación real, a lei de Hardy–Weinberg describe máis ben unha condición ideal con respecto á cal poden analizarse os efectos destas influencias.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
No caso máis simple dun só locus con dous alelos denominados A e a con frecuencias e , respectivamente, as frecuencias xenotípicas esperadas son para os homocigotos AA, para os homocigotos aa, e para os heterocigotos Aa. As proporcións xenotípicas p2, 2pq, e q2 denomínanse proporcións de Hardy–Weinberg. Nótese que a suma de todas as frecuencias xenotípicas deste caso é a expansión binomial do cadrado da suma de p e q, e esta suma, que representa o total das posibilidades, debe ser igual a 1. Por tanto, . A solución realista desta ecuación é q = 1 − p.
Se a unión dos gametos para producir a seguinte xeración é aleatoria, pode demostrarse que a nova frecuencia satisfai que e . É dicir, as frecuencias alélicas son constantes entre xeracións.
Este principio recibe o seu nome por G. H. Hardy e Wilhelm Weinberg, que foron os primeiros que o demostraron matematicamente.