From Wikipedia, the free encyclopedia
O lek[1] (plural: lekë) é a moeda de Albania. Divídese en 100 qindarkë (singular qindarka). O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é ALL e a súa abreviatura L.
Lek albanés | |
---|---|
Lek shqiptar en albanés | |
Código: | ALL |
Ámbito: | Albania |
Símbolo: | L |
Fracción: | 100 qindarka |
Moedas: | 1, 5, 10, 20, 50, 100 ALL |
Billetes: | 100, 200, 500, 1.000, 2.000, 5.000 ALL |
Emisor: | Banco de Albania |
Taxa de troco: 14-09-2009 | 1 EUR = 133,6891 ALL 1 USD = 91,43 ALL |
O nome da moeda deriva da abreviación popular en albanés de Alexandre o Grande (Leka i Madh). O lek foi introducido durante o reinado de Ahmet Zogu e é emitido polo Banco de Albania (Banka e Shqipërisë). O nome qindarka provén do albanés qind, que significa cen. Qindarka ten, por tanto, o mesmo significado que céntimo.
Até 1912, Albania usou a lira turca, xa que formaba parte do Imperio Otomán. Trala independencia, non se introduciu unha nova moeda até 1926, debido a un período de caos político. Durante este período, circularon varias moedas estranxeiras, en particular as da Unión Monetaria Latina. Tamén foi emitido algo de papel moeda durante este lapso, para Berat, Gjirokastër, Korçë, Shkodër e Vlorë. As denominacións utilizadas foron o para e o grosh (divisións da lira turca), liras italianas, franga argjent ("francos de prata"), francos, qint, qindtar, skender...
O lek foi introducido en 1926. Ao principio houbo catro denominacións en circulación. O lek valía 100 qindar leku mentres que o frang ar (tamén frank ar) valía 100 kindar ar ou 5 lekë. O lek era equivalente á lira italiana.
Como consecuencia da revalidación do rublo soviético en 1961, o lek foi tamén revalidado en 1965, á taxa de 10 vellos lekë = 1 novo lek, para restablecer a taxa de cambio de 12,5 lekë = 1 rublo. Este lek continuou en circulación até os nosos días, aínda que sufriu unha considerable inflación trala fin do réxime comunista.
En 1992 foi introducido un novo lek, denominado lek valutë, equivalente a 50 lekë. Foron emitidas dúas denominacións de billetes, 10 e 50 lekë valutë (o billete de 1 lek valutë foi impreso pero non emitido). Con todo, o lek valutë non substituíu o lek e non se fixeron máis emisións nesa moeda.
Durante a ocupación italiana de Albania en 1938, o lek reduciu o seu valor a 0,8 liras italianas. As moedas emitidas levaban denominacións soamente en lek durante a ocupación. Tras a segunda guerra mundial, só foron emitidos o lek e o qindarka (equivalente ao qindar leku). Entre 1946 e 1948, o lek foi fixado a taxa 1:1 co dinar iugoslavo. A continuación, fixouse a 12,5 lekë = 1 rublo soviético.
br>
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.