From Wikipedia, the free encyclopedia
Leopoldo Alas Mínguez, coñecido como Leopoldo Alas, nado en Arnedo (A Rioxa) en 1962 e finado en Madrid, o 1 de agosto de 2008, foi un escritor e xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1962 Arnedo, España |
Morte | 1 de agosto de 2008 (45 anos) Madrid, España |
Causa da morte | pneumonía |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parentes | Leopoldo Alas () |
Licenciado en filoloxía italiana, deuse a coñecer como poeta en 1981, nunha antoloxía coordinada polo tamén escritor Vicente Molina Foix. Posteriormente desenvolveu unha traxectoria en diversos xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio) e a carreira xornalística. Desde 1986 colaborou como articulista en diferentes revistas e xornais, en particular o xornal español El Mundo. Entre 1987 e 1992 dirixiu a revista de poesía Signos. En 2005 comezou a dirixir un programa en Radio Nacional de España de carácter semanal, de temática LGBT.
Era bisneto dun irmán do escritor Leopoldo Alas, Clarín, co que coincidía no nome. Faleceu a consecuencia dunha pneumonía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.