Les Sylphides
From Wikipedia, the free encyclopedia
Les Sylphides é un pequeno ballet blanc non narrativo. A súa coreografía orixinal foi creada por Michel Fokine, con música de Frédéric Chopin orquestrada por Alexander Glazunov. Glazunov xa compuxera parte da música en 1892 como unha suite puramente orquestral, baixo o título de Chopiniana, Op. 46. Nesta forma foi presentada ao público en decembro de 1983 baixo a dirección de Nikolai Rimskii-Korsakov.
Datos rápidos Forma, Libretista ...
Anna Pavlova en Les Sylphides, 1909. | |
Forma | Ballet blanc |
---|---|
Libretista | Stravinskii e Benois |
Baseado en | Música de Frédéric Chopin |
Estrea | 2 de xuño de 1909 |
Teatro da estrea | Théâtre du Châtelet |
Lugar da estrea | París |
Compañía | Ballets Russes |
Deseñador | Léon Bakst |
Música | |
Compositor | Alexander Glazunov (orquestración) |
Coreógrafo | Michel Fokine |
Pechar
O ballet, frecuentemente descrito como un "Rêverie Romantique",[1][2] foi de feito o primeiro ballet en ser simplemente isto.[1] Les Sylphides non ten argumento, no seu lugar consiste en varias sílfides vestidas de branco bailando á luz da lúa co poeta ou mozo vestido cunhas medias brancas e unha parte superior negra.