Lidia Gueiler
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lidia Gueiler Tejada, nada en Cochabamba o 28 de agosto de 1921 e finada na Paz o 9 de maio de 2011, foi presidenta da República de Bolivia desde 1979 até 1980. Converteuse na primeira muller en presidir dito país e a segunda muller na historia de América Latina en asumir a presidencia dun país, despois de Isabel Perón acceder á presidencia da Arxentina o 1 de xullo de 1974. Destacou a súa loita polas causas políticas e sociais, a defensa da paz e a igualdade de xénero. Á súa morte foi despedida como un dos referentes da recuperación do Estado de dereito en Bolivia.[1]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Lidia Gueiler Tejada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de agosto de 1921 Cochabamba, Bolivia |
Morte | 9 de maio de 2011 (89 anos) A Paz, Bolivia |
67ª Presidente de Bolivia | |
16 de novembro de 1979 – 17 de xullo de 1980 ← Alberto Natusch Busch (pt) – Luis García Meza Tejada (pt) → | |
Deputado da Bolivia (pt) | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bolivia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | Democratization (en) , diplomática |
Partido político | Revolutionary Party of the Nationalist Left (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Pechar