Liechtenstein nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Liechtenstein participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1936, e dende entón enviou atletas para competir dos Xogos de Verán e Inverno. O Comité Olímpico de Liechtenstein foi creado en 1935.
Liechtenstein nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | LIE | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico de Liechtenstein www | ||||
Medalleiro |
|
Liechtenstein é o país máis pequeno do mundo (tanto en área como en poboación) en gañar unha medalla olímpica. Os deportistas de Liechtenstein gañaron un total de dez medallas, todas elas en esquí alpino, sendo o único país en gañar soamente medallas nos Xogos de Inverno, e non nos de Verán. Liechtenstein ten o maior número de medallas per capita que calquera outro país do mundo, tendo case unha medalla por cada 3 600 habitantes.[1] Sete das dez medallas foron conseguidas por membros da mesma familia: os irmáns Hanni e Andreas Wenzel, e a filla de Hanni, Tina Weirather.[2] Ademais, os irmáns Willi e Paul Frommelt gañaron dúas das outras tres. Ursula Konzett é a única gañadora de medalla de Liechtenstein que non está relacionada coas familias Wenzel ou Frommelt.