Liga Premier de Rusia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Premier de Rusia é a máxima categoría das ligas de fútbol en Rusia a nivel de clubs. A liga naceu en 1992 como herdeira da liga soviética ó desaparecer a URSS, e dende entón tense disputado cada ano durante as estacións de primavera, verán e outono, comezando en marzo e rematando en novembro.
Liga Premier de Rusia | |
---|---|
Fundación | 1992 |
Rexión | Rusia |
Equipos | 16 |
Actual campión | Zenit St. Petersburg |
Máis laureado | Spartak Moscova (10 títulos) |
Televisión | NTV |
Sitio web | http://www.rfpl.org/ |
Actualmente os dous primeiros equipos da liga clasifícanse directamente para disputar a Fase de Grupos da Liga de Campións da UEFA. O terceiro equipo clasifícase para disputar a Rolda Previa da Liga de Campións da UEFA. Os equipos 4º e 5º clasifícanse para disputar a UEFA Europa League. Mentres tanto, os dous últimos descenden á Liga Nacional de Fútbol de Rusia, segunda categoría do fútbol no país.
A tempada 2011-12 foi unha tempada de transición para copiar o formato das ligas occidentais, rematando o torneo no verán.
O Lokomotiv Moscova é o actual defensor do título. O Spartak Moscova é o club con máis laureado da competición, con 10 títulos.