política sudafricana From Wikipedia, the free encyclopedia
Lindiwe Nonceba Sisulu, nada en Xohanesburgo o 10 de maio de 1954, é unha política surafricana, membro do Parlamento desde 1994, que entre febreiro de 2018 e maio de 2019 traballou como Ministra de Relacións Internacionais e Cooperación. Tamén é membro do Comité Executivo Nacional do Congreso Nacional Africano (CNA). Previamente foi ministra de vivenda de 2004 e 2009, ministra de defensa desde 2009 até 2012, e ministra de servizos públicos e administración entre 2012 e 2014.[1][2][3]
Sisulu é filla dos líderes do CNA e activistas anti-apartheid Walter e Albertina Sisulu.[4] É irmá da xornalista Zwelakhe Sisulu e do político Max Sisulu.[5][6]
Entre 1975 e 1976, foi detida polas súas actividades contra o apartheid. Durante o seu exilio de 1977 a 1979 uniuse á á militar do CNA, Umkhonto we Sizwe, especializándose en intelixencia.[1][7]
En 1973, graduouse no Waterford Kamhlaba United World College de África do Sur en Mbabane, Suazilandia. En 1980, recibiu unha licenciatura e un diploma en educación, e en 1981 recibiu un título en historia da Universidade de Suazilandia. Tamén realizou unha mestría en historia, e en 1989 unha mestría no Centro de Estudos do África Austral na Universidade de York.[1]
A mediados da década de 1980, traballou como profesora.[8]
En 1966 comezou a súa carreira gobernamental como viceministra de asuntos internos, traballando no cargo até 2001.[9]
Foi considerada durante moito tempo como unha potencial candidata presidencial, tentando postulándose en 2007 e 2012. En 2017 anunciou a súa campaña presidencial o 21 de xullo na praza Walter Sisulu en Kliptown (nos arredores de Xohanesburgo), onde se adoptou a Carta da Liberdade.[10] Adoptou o slogan It's a Must («É un deber») onde chamou aos seguidores a unirse a ela nunha campaña «imprescindible». O 15 de decembro de 2017, retirou a súa candidatura, postulándose como vicepresidenta.[11] Foi derrotada por David Mabuza.[12]
En febreiro de 2018 o presidente Cyril Ramaphosa reorganizou o seu gabinete, pasando Sisulu de Ministra de Vivenda ao Ministerio de Relacións Internacionais, en substitución de Maite Nkoana-Mashabane.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.