lingua indíxena falada en Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua andoque é unha lingua indíxena falada por uns poucos centos de persoas do pobo andoque de Colombia. A lingua tiña uns 10 000 falantes no ano 1908, mais descendeu a 370 un século despois, dos cales unhas 50 persoas son monolingües. Os falantes actuais viven na rexión de Araracuara, moi preto da beira do medio río Caquetá, ao sur da amazonía de Colombia; a lingua xa non é falada no Perú. O 80% dos falantes de andoque teñen dominio do castelán.
Andoque | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Andoké | |
Falado en: | Colombia | |
Total de falantes: | 370 (2007) | |
Familia: | Bora-witoto ? Andoque–urequena Andoque | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ano
| |
Mapa | ||
Status | ||
O andoque xa non é considerada unha lingua illada dende que Marcelo Jolkesky recoñeceu a extinta lingua urequena (tamén coñecida como urekena ou arequena) como estreitamente relacionada co andoque (linguas andoque–urequena).[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.