Lingua ardhamagadhi
lingua prácrita da India antiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua ardhamaghadi, prácrito magadhi ou prácrito de Magadha é unha lingua prácrita usada na composición de dramas. O prácrito magadhi falouse na parte oriental do subcontinente indio, nunha rexión que abarca a actual India oriental, Bangladesh e mais o Nepal. Pénsase que foi a lingua de importantes figuras relixiosas, como o Buda Gautama ou Mahavira, así como o idioma empregado nas cortes de Magadha mahajanapada e o imperio Maurya. Os edictos de Aśoka están redactados nesta lingua.[1]
Datos rápidos Prácrito de Magadha Ardhamāgadhī, Códigos de lingua ...
Prácrito de Magadha Ardhamāgadhī | ||
---|---|---|
Falado en: | Bangladesh India Nepal | |
Total de falantes: | Lingua morta | |
Familia: | Indo-europeo Indo-iranio | |
Escrita: | Devanagari | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pka
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
O ardhamaghadi evolucionou cara a diversas linguas indoarias orientais, como os actuais assamés, bengalí ou oriya, e cara as linguas bihari (por exemplo, o bhojpuri, maithili ou magahi).[2]