From Wikipedia, the free encyclopedia
O búlgaro[2] (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.
Búlgaro 'български език' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | bǎlgarski ezik | |
Falado en: | Bulgaria, Ucraína, Moldavia, rexións limítrofes de Serbia, Romanía, Grecia, Macedonia do Norte, Turquía | |
Rexións: | Os Balcáns. | |
Total de falantes: | 8 millóns | |
Posición: | 88 | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava meridional Sureslava do leste Búlgaro | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Bulgaria Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto da lingua búlgara, na academia búlgara das ciencias
(Институт за български език) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bg | |
ISO 639-2: | bul | |
ISO 639-3: | bul
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.
O búlgaro é a lingua máis falada en Bulgaria. Tamén hai comunidades de falantes no Canadá, España, Grecia, Hungría, Israel, Moldavia, Romanía, Serbia, Turquía, Ucraína e nos Estados Unidos cun número aproximado de falantes nativos de 12 millóns de persoas.
É lingua oficial de Bulgaria, é tamén da Unión Europea a partir do 1 de xaneiro do 2007.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.