From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua chiwere (tamén chamada iowa-otoe-missouria ou báxoje-jíwere-ñút’achi) é unha lingua síux falada orixinalmente polos pobos missouria, otoe e iowa, que habitaban na rexión dos Grandes Lagos antes de seren deportados ás chairas do medio oeste. A lingua está estreitamente relacionada co ho-chunk, tamén coñecido como winnebago. A lingua chiwere foi documentada por vez primeira polos misioneiros cristiáns na década de 1830, pero dende entón non se fixo ningunha publicación sobre a lingua. O chiwere sufriu un esmorecemento incesante despois do contacto cos colonos europeos e en 1940, a lingua xa case deixara de ser falada.
Chiwere Báxoje-Jíwere-Ñútˀachi | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Oklahoma, Missouri e Kansas | |
Extinción: | 1996 Menos de 40 falantes semi-fluídos[1][2] | |
Familia: | Síux Síux occidental Síux do val do Mississippi Chiwere–winnebago Chiwere | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | iow
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.