lingua morta da familia chocó falada outrora en Panamá From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua cueva é unha lingua indíxena extinta de Panamá. Falada outrora polo pobo cueva, este grupo étnico foi exterminado entre 1510 e 1535 durante a colonización española. Aínda que o termo cueva se utilizou de diversas formas para describir unha etnia específica, moitos estudosos cren que os pobos que usaban a lingua cueva pertencían a varios grupos etnolingüísticos, e que esta lingua era de feito unha lingua franca.[1]
Durante os séculos XVII e XVIII o pobo guna repoboou a zona habitada polos cueva.
Loukotka (1968)[2] identificou por erro un vocabulario guna do Darién como cueva, o que provocou a confusión entre o cueva e o guna na literatura posterior (e.g. Greenberg 1987, Whitehead 1999, Ethnologue 2009), con algúns autores que relatan que o cueva era un dialecto ou devanceiro da lingua guna (Adelaar & Muysken 2004:62). A lingua e a cultura gunas son moi diferentes á cueva.
Loewen (1963) e Constenla Umaña & Margery Peña (1991) suxeriron unha conexión entre o cueva e a familia chocó.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.