Lingua hakka
From Wikipedia, the free encyclopedia
O hakka é unha lingua chinesa falada polo pobo hakka no sur da China, Taiwán, Hong Kong e nas áreas da diáspora de Asia oriental e en todo o mundo. Por mor do seu uso en lugares illados onde a comunicación está limitada, o hakka desenvolveu numerosas variedades e dialectos, falados en diferentes provincias, como Guangdong, Guangxi, Hainan, Fujian, Sichuan, Hunan, Jiangxi e Guizhou, así como en Hong Kong, Taiwán, Singapur, Malaisia e Indonesia. O hakka non é mutuamente inteilixible co cantonés, co wu, co min nam, co mandarín ou outras pólas do chinés, e dentro dela mesma, contén algunhas variedades non intelixibles. Está estreitamente relacionado co gan, e ás veces é clasificado como unha variedade de gan.
Hakka 客家語 / 客家语 | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈhækə/ | |
Outros nomes: | Hak-kâ-fa | |
Falado en: | República Popular da China, Taiwán e Hong Kong | |
Total de falantes: | 30 millóns (2007) | |
Posición: | 39 | |
Familia: | Sino-tibetana Sinítica Chinés Hakka | |
Escrita: | Escrita chinesa, e alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Taiwán (lingua minoritaria) | |
Regulado por: | Non está regulada | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | hak
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En Taiwán, onde o hakka é a lingua nativa dunha significativa minoría de residentes, existe un centro de estudo e preservación da lingua.