Lingua hindustana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O hindustano[3] (हिन्दुस्तानी, ہندوستانی, literalmente: 'do Hindustán')[4], tamén coñecido na súa forma literaria como "hindī-urdū" (هندی اردو, हिंदी उर्दू) e historicamente como "hindui", "hindavi" e "rekhta", é unha lingua indoirania e a lingua franca do norte da India e Paquistán.[5][6] É unha lingua pluricéntrica, con dúas formas oficiais, o hindi estándar e o urdú estándar,[7] que son rexistros estandarizados dela. Non obstante, o hindi e o urdú coloquiais son totalmente indistinguibles, e incluso os estándares oficiais son case idénticos gramaticalmente, aínda que difiren en convencións literarias e en vocabulario académico e técnico, mantendo o urdú máis influencias persas, árabes e de Asia Central e o hindi dependendo máis do sánscrito.[8][9] O concepto da lingua hindustana como unha lingua unificada ou como lingua de fusión foi avalado por Mahatma Gandhi.[10] En 2020, o hindi e o urdú xuntos posicionábanse como a terceira lingua do mundo con máis falantes, só por detrás do inglés e o chinés mandarín, segundo o Ethnologue,[11]
Hindustano हिन्दुस्तानी, ہندوستانی | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /hɪnd̪ʊst̪aːni/ | |
Outros nomes: | Hindi-Urdú | |
Falado en: | India, Paquistán e países con inmigración destes estados (Fidxi, Güiana, Suriname,...) | |
Rexións: | Sur de Asia | |
Total de falantes: | 250 millóns como lingua materna (censos de 2011 e 2017)[1] e arredor de 540 millóns incluíndo os falantes como segunda lingua[2] | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Idiomas hindi occidentais Hindustano | |
Escrita: | Alfabeto persa (alfabeto urdú) Devanágari (alfabeto hindi) | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | India (como hindi ou urdú) e Paquistán (como urdú) | |
Regulado por: | Central Hindi Directorate (hindi na India) National Language Authority (urdú en Paquistán) National Council for Promotion of Urdu Language (urdú na India) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hi, ur | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |