lingua malaio-polinesia From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua palauana[1] (a tekoi er a Belau) é unha das dúas linguas oficiais da República de Palau, sendo a outra o inglés. É membro da familia de linguas austronesias, e é unha das dúas linguas indíxenas en Micronesia que non é parte da póla oceánica da familia, sendo a outra o chamorro (véxase Dempwolff 1934, Blust 1977, Jackson 1986 e Zobel 2002). Moitos estudosos concordan que o palauano e o chamorro forman parte das linguas sunda–sulawesi da familia austronesia, malia que algúns consideran que o palauano posiblemente constitúa unha póla independente das linguas malaio-polinesias (Dyen 1965). A lingua palauana é amplamente empregada no día a día en Palau.
Palauano a tekoi er a Belau | ||
---|---|---|
Falado en: | Palau, Guam, Illas Marianas do Norte | |
Total de falantes: | 17 000 (2008) | |
Familia: | Malaio-polinesio Malaio-polinesio nuclear Sunda–sulawesi Palauano | |
Escrita: | Alfabeto latino, anteriormente katakana | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Palau | |
Regulado por: | Comisión da Lingua de Palau | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | pau | |
ISO 639-3: | pau
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.