From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua urum é unha lingua da familia turca falada polo pobo urum de orixe grega que habita en Xeorxia e o sueste de Ucraína. Co paso dunhas poucas xeracións, os nenos urum están a aprender outras linguas máis comúns da rexión caucásica, deixando un número moi limitado de novos falantes.[2] A miúdo é considerada unha variedade da lingua tártara de Crimea.
Urum Урум | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [uˈrum] | |
Falado en: | Xeorxia e Ucraína | |
Total de falantes: | 190 000 (2000) | |
Familia: | Linguas turcas Turco shaz Linguas kipchak Kipchak occidental Urum | |
Escrita: | Cirílico e grego | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | uum
| |
Mapa | ||
Status | ||
O termo urum deriva do termo árabe روم (rūm), que quere dicir romano e subsecuentemente bizantino e grego. En turco otomán baixo o Imperio Otomán, rum refírese ós cristiáns ortodoxos que viven no Imperio; en turco moderno, rum refírese ós gregos que viven en Turquía. A poboación turcófona de Xeorxia a miúdo é confundida coa comunidade distintiva de Ucraína.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.