familia de linguas From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas ieniseianas,[3] tamén coñecidas como linguas ieniseiacas, son unha familia lingüística hipotética que pertence ao conxunto das linguas paleosiberianas.
Linguas ieniseianas Енисейские языки | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Conca do río Ienisei central, Siberia | |
Total de falantes: | 213 (ano 2010) [1] | |
Familia: | Linguas turcas Linguas turcas siberianas Linguas dené-ieniseianas Linguas ieniseianas | |
Escrita: | Cirílico | |
Regulado por: | yeni1252 [2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Son linguas faladas polos ieniseianos, pobos siberianos que habitaron en tempos grandes partes da rexión do río Ienisei, no centro da Siberia.
Suxírese que as linguas ieniseianas falábanse nunha zona moito maior na antigüidade, incluíndo partes do norte da China e de Mongolia.[4]
Pénsase que houbo tres variantes:
Os únicos sobreviventes actuais son algúns membros do pobo keta.[1]
Segundo un estudo recente, o pobo ieniseiano e a súa lingua orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou preto do lago Baikal. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.[5]
A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[1] A día de hoxe non se coñecen falantes monolingües.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.