Linguas indíxenas de América
linguas faladas en América antes da chegada de Cristovo Colón / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas indíxenas de América ou linguas amerindias son todas aquelas linguas faladas en América antes da chegada de Cristovo Colón polos amerindios norteamericanos e amerindios suramericanos. Non corresponden a unha soa familia lingüística senón a unha agrupación xeográfica. Moitas extinguíronse ou foron substituídas polo español, o portugués, o francés e o inglés, as linguas dos colonizadores. Hoxe en día moitas linguas indíxenas deben loitar pola súa supervivencia e o seu recoñecemento, xa que están ligadas a culturas rurais, cunha forte diglosia e, moitas, sen o apoio da escritura.
Constan de varias familias de linguas, así como diversas linguas illadas e non clasificadas. En varias ocasións propuxéronse grupos maiores de clasificación que hoxe en día non gardan consenso na comunidade científica. É sumamente dubidoso que se poida falar dunha soa familia chamada amerindia, do mesma xeito que non existe unha familia de linguas papuana nin unha familia caucásica, senón que eses termos só fan referencia á xeografía.
Deste xeito tampouco se pode determinar que, xeneticamente falando, as linguas de América se orixinaran dun único devanceiro recoñecible.[1]