grupo de linguas que contén o árabe e o hebreo From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas semíticas son unha familia da macrofamilia de linguas afroasiáticas. Desenvolvéronse sobre todo por Oriente Próximo e o norte e leste de África. Toman o seu nome do personaxe bíblico Sem, cuxos descendentes serían, segundo a tradición, os pobos semitas.
As linguas semíticas máis faladas no presente son o árabe, o amhárico, o hebreo e o tigriña. A protolingua ou grupo de dialectos estreitamente ligados que tería dado lugar ás linguas semíticas coñécese como protosemítico.
Da familia semítica temos rexistros escritos ininterrompidos a partir do -2500 ata o presente, o que fai dela a mellor testemuñada historicamente. Compárense os 4500 anos de rexistros de linguas semíticas cos algo máis de 3500 anos de textos en linguas chinesas, os 3400 anos de textos gregos ou os 3200 anos que median entre as primeiras inscricións en exipcio antigo e os últimos textos en copto). Os primeiros textos semíticos coñecidos están escritos en acadio (ca. -2500, - -1600), eblaíta (ca. -2400), ugarítico (ca. -1400 - ca. -1185), linguas cananeas (ca. -1200), hebreo antigo (ca. -1100 – -250), fenicio-púnico (ca. -1000 – -200) e arameo antigo (-900 – -250). Aínda que descoñecemos desde cando hai pobos semitas en Oriente Medio, evidencias indirectas suxiren que pobos semitas chegaron desde África, a través de Exipto, sobre o -4500 (aínda que a data é moi insegura).
As linguas semíticas adoitan dividirse en tres grandes grupos: orientais (Mesopotamia), occidentais ou nor-occidentais (Oriente Próximo) e meridionais ou suroccidentais (Península Arábiga e Corno de África).
Todas as linguas semíticas do grupo oriental están actualmente extinguidas. A esta rama pertence a lingua semítica máis antiga coñecida, o acadio, que se falaba en zonas do actual Iraq. As máis antigas inscricións en acadio datan da primeira metade do terceiro milenio antes da nosa era, e utilizan a escritura cuneiforme, tomada dos sumerios. Sobre o -2000, o acadio fragmentouse en dúas linguas diferentes: o babilonio, falado no sur de Mesopotamia, e o asirio, falado no norte.
Discútese se o eblaíta, lingua falada na cidade de Ebla, en Siria, no terceiro milenio antes da nosa era, descuberta a mediados do século XX, pertence a este grupo ou ao das linguas occidentais, posto que parece ter similitudes con ambas ramas.
A maior parte destas linguas están tamén extinguidas. Sobreviven unicamente dúas: o hebreo e o arameo.
As linguas semíticas occidentais coñecidas son:
O grupo de linguas semíticas meridionais inclúe as linguas sudarábigas, o árabe e as linguas etiópicas.
O árabe é, con moito, a lingua semítica máis falada. Calcúlase que ten ao redor de 200 millóns de falantes. Os primeiros textos coñecidos en árabe datan do século IV. A rápida expansión do islam a partir do século VII levou aparellada a difusión da lingua árabe por unha zona moi extensa, que vai a partir da costa atlántica de África ata Mesopotamia. Co tempo, a lingua foise fragmentando en dialectos locais, se ben o árabe clásico se mantivo como lingua escrita e, na actualidade, emprégase nos medios de comunicación de masas. Os diferentes dialectos vernáculos (Iraq, Siria, Líbano, Exipto, Magreb) que constitúen o árabe difiren bastante do árabe clásico -tanto como o italiano do latín, díxose a miúdo-, e, en moitos casos, non son intelixíbeis entre si.
As linguas etiópicas divídense en etiópicas setentrionais e etiópicas meridionais.
As linguas semíticas evolucionaron dunha lingua, o protosemítico, que tiña tres vogais breves e tres vogais longas. Ademais a maioría de linguas semíticas posúen fricativas faringais e oclusiva glotal. Ademais a maioría no sistema de consoantes adoita existir unha oposición tripartita: xorda, sonora e "enfática" (onde a realización desta última varía entre a faringalización, a velarización ou a coarticulación glotal).
Os lexemas das palabras adoitan estar constituídos por esqueletos consonánticos, tendo o esquema vocálico entre as consoantes información gramatical. Entre as raíces consonánticas ou lexemas a gran maioría son de tres consoantes. Teñen un sistema de infixos moi desenvolvido (os patróns vocálicos son unha forma de infixación de feito).
Linguas semíticas | ||
---|---|---|
Ugarítico † | Fenicio † | Púnico † | Hebreo | Amonita † | Moabita † | Edomita † | Arameo | Acadio † | Babilonio † | Asirio † | Árabe | Sudarábiga | Etiópico |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.