Lista de países
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista alfabética de países do mundo recoñecidos pola ONU, é dicir de Estados nación.
Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas.
A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros,[1] 2 estados observadores, e outros 11 estados. A columna "situación" indica estados cuxa soberanía é indiscutible (191 estados) e estados cuxa soberanía se disputa (15 estados, dos cales hai 5 estados membros, 1 estado observador e 9 estados máis).
A compilación dunha lista como esta pode ser un proceso difícil e controvertido, xa que non hai ningunha definición que sexa vinculante para todos os membros da comunidade de nacións respecto dos criterios para estado soberano. A lista ten como obxectivo incluír as entidades que foron recoñecidas como "estado de de facto" como estados soberanos, e a inclusión non debe ser vista como un endoso de calquera reclamación específica de estado en termos xurídicos.
Ata 2016, había 206 comités olímpicos nacionais, representados por nacións soberanas e algúns territorios dependentes. Os 193 países pertencentes ás Nacións Unidas teñen un comité olímpico nacional ademais doutros trece territorios:
- Taiwán, designado como China Taipei polo COI.
- Autoridade Nacional Palestina, designada como Palestina polo COI.
- República de Kosovo, designada como "Kosovo" polo COI.
- Catro territorios estadounidenses: Samoa Americana, Guam, Porto Rico e Illas Virxes dos Estados Unidos.
- Tres territorios británicos: Bermudas, Illas Virxes Británicas e Illas Caimán.
- Unha zona pertencente a Holanda: Aruba. As Antillas Holandesas perderon a súa condición en xullo de 2011, como resultado da disolución das Antillas Holandesas.
- Hong Kong, unha rexión administrativa especial da República Popular China.
- Illas Cook, un estado asociado de Nova Celandia.
Isto débese a que, antes de 1996, a normativa do COI permitía aos países que eran territorios dependentes doutras nacións participar nos Xogos Olímpicos.
Non obstante, desde 1996, xa non se poden formar novos Comités Olímpicos Nacionais en rexións que a ONU non recoñece como independentes, aínda que as que o fixeron antes dese ano poden seguir presentándose hoxe.
Por esta razón, hai máis de 200 países ou rexións que poden presentarse aos Xogos Olímpicos na actualidade e por que se pode ver competindo, por exemplo, a Porto Rico ou as Bermudas, que están baixo a soberanía dos Estados Unidos e o Reino Unido, respectivamente.