Lois o Xermánico
rei de Francia Oriental ou Xermania / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lois o Xermánico,[1][2] nado c. 806[3][4]/810[2] e finado o 28 de agosto de 876, tamén coñecido como Lois II (de Alemaña), foi o primeiro rei de Francia Oriental (actual Alemaña) e gobernou dende o 843 até a súa morte. Neto do emperador Carlomagno, era o terceiro fillo de Lois o Piadoso (Ludovico Pío), emperador de occidente, e a súa primeira esposa, Ermengarda de Hesbaye.[5] Recibiu o sobrenome Germanicus varios anos despois da súa morte, cando Francia Oriental comezou a ser coñecido como reino de Xermania.[6]
Nome orixinal | (de) Ludwig der Deutsche |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 806 |
Morte | 28 de agosto de 876 (69/70 anos) Frankfurt |
Lugar de sepultura | Abadia de Lorsch (pt) |
1º King of East Francia (en) | |
843 – 876 ← sen valor – Lois III de Alemaña → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (840–876) |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Emma da Baviera (827 (Gregoriano)–) |
Fillos | Carlomán de Baviera, Hildegarda (pt) , Gisla (pt) , Verona (pt) , Berta (pt) , Lois III de Alemaña, Carlos III o Gordo, Ermengarda de Chiemsee (pt) , Veronus (pt) |
Pais | Lois I o Piadoso e Ermengarda de Hesbaye |
Irmáns | Lotario I, Pepino I da Aquitânia (pt) , Carlos II o Calvo, Arnulfo de Sens (pt) , Xisela, Rotruda (pt) , Berta (pt) e Hildegarda (pt) |
Despois de numerosos enfrontamentos co seu pai e irmáns, Lois recibiu o reino de Francia Oriental en 843 coa firma do Tratado de Verdún. Os seus intentos por conquistar o reino de Francia Occidental do seu irmán Carlos o Calvo en 858-59 foron infrutuosos. Os anos 860 estiveron marcados por unha profunda crise, con rebelións dos seus fillos en Francia Oriental, así como loitas para manter a supremacía no reino. Polo Tratado de Meerssen adquiriu Lotarinxia para Francia Oriental en 870. Porén, fracasou nos seus intentos por facerse co título de emperador e de conquistar Italia. No leste, Lois conseguiu unha paz duradeira cos moravos en 874 tras décadas de conflito.[7]
Gobernante competente e enérxico, fortaleceu a autoridade real nas súas terras e fomentou o desenvolvemento da literatura vernácula, anticipando o goberno de Otón.