Los protegidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Los protegidos foi unha serie de televisión producida por Ida y Vuelta para a cadea nacional privada Antena 3, e que se estreou o 12 de xaneiro do 2010, inda que a cadea a preestreou o día anterior na súa páxina web.[1] A serie combina elementos de drama e fantasía e foi unha das series revelación da tempada televisiva 2009/2010.
Formato | Fantástico-Drama |
---|---|
Intérpretes | Antonio Garrido Angie Cepeda Ana Fernández Luis Fernández Mario Marzo Priscilla Delgado Daniel Avilés Maxi Iglesias Gracia Olayo Esmeralda Moya Javier Mendo Raúl Mérida María Cotiello Roger Coma Manuel Navarro Óscar Ladoire Eduardo Espinilla Marta Torné |
País de orixe | España |
Episodios | 41 |
Duración | 80 min. aprox. |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 12 de xaneiro de 2010 |
Derradeiro episodio | 13 de xuño de 2012 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/los-protegidos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira tempada finalizou o 12 de abril do 2010 cunha media de 3 360 000 de espectadores e cun 18,1% de share. O 16 de xaneiro de 2011 estreouse a segunda tempada, que contou coa incorporación de Maxi Iglesias e coas baixas de María Cotiello e Roger Coma. Devandita tempada finalizou o 17 de abril, cunha media de 3 025 000 espectadores e cun 16,1% de share.
A terceira e última tempada tivo 14 capítulos e novas incorporacións como Marta Torné, Javier Mora, Marta Calvó, Natalia Rodríguez, Luisa Gavasa e Angy Fernández, aínda que tamén baixas como as de Angie Cepeda, Maxi Iglesias, Esmeralda Moya e Javier Tolosa. A tempada, promocionada como El Origen estreouse o 8 de marzo de 2012 e acabou o 13 de xuño do mesmo ano.