Ludwig van Beethoven[nota 1], nado en Bonn o 16 de decembro de 1770[nota 2] e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ludwig van Beethoven |
Biografía |
---|
Nacemento | p. 16 de decembro de 1770 Bonn (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 26 de marzo de 1827 (56 anos) Viena (Imperio Austríaco)
|
---|
Causa da morte | Morte natural (Cirrose hepática ) |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena (1888–) cemiterio de Währing (1827–1888) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Beethoven House (en) |
---|
Grupo étnico | Pobo alemán e Pobo flamengo |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Música clásica, Sinfonía, string quartet (en) , Música de cámara, traditional folk song (en) , trio de cordas (pt) , Ópera, música e piano performance (en) |
---|
Lugar de traballo | Bonn Mödling (pt) Viena Baden (pt) |
---|
Ocupación | compositor |
---|
Período de actividade | 1782 - 1827 |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Música do Clasicismo e romanticismo musical |
---|
Profesores | Christian Gottlob Neefe (pt) , Franz Haydn, Antonio Salieri, Johann Baptist Schenk (en) , Johann Georg Albrechtsberger (pt) , Gilles van den Eeden e Muzio Clementi (pt) |
---|
Alumnos | Carl Czerny (pt) , Catharina Dorothea von Ertmann, Ferdinand Ries (pt) , Rudolfo da Áustria (pt) e Babette Countess Keglevich de Buzin (en) |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua alemá |
---|
Instrumento | Piano e violín |
---|
Mecenas | Joseph Franz von Lobkowitz (pt) Ferdinand Ernst von Waldstein-Wartenberg (pt) Moritz, Graf von Fries (pt) Karl Lichnowsky (pt) |
---|
Participou en |
---|
|
22 de decembro de 1808 | Beethoven concert of 22 December 1808 (en) |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Fillos | sen valor |
---|
Pais | Johann van Beethoven (pt) e Maria Magdalena van Beethoven |
---|
Irmáns | Kaspar Anton Carl van Beethoven (pt) e Nikolaus Johann van Beethoven |
---|
Parentes | Karl van Beethoven (pt) (sobriño) Josyne van Beethoven (pt) (8th great-grandmother (en) ) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
26 de marzo de 1827 | death of Ludwig van Beethoven (en)
|
|
Premios |
|
|
Páxina web | beethoven-haus-bonn.de |
---|
|
Pechar
Foi autor de multitude de obras entre as que destacan as nove sinfonías. Considerado o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart), Beethoven conseguiu facer transcender a música do romanticismo, influíndo en diversidad de obras musicais do século XIX. A súa arte expresouse en numerosos xéneros e aínda que as sinfonías foron a fonte principal da súa popularidade internacional, o seu impacto resultou ser principalmente significativo nas súas obras para piano e música de cámara.
A súa produción inclúe os xéneros pianísticos (trinta e dúas sonatas para piano), de cámara (dezaseis cuartetos de corda, sete tríos, dez sonatas para violín e piano), vocal (lieder e unha ópera), concertante (cinco concertos para piano e orquestra, un concerto para violín e orquestra), dúas misas e orquestal (nove sinfonías, aberturas etc.), entre as que se atopa o ciclo das Nove Sinfonías.