mestre, músico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Fernández Guitián, nado en Sober o 29 de novembro de 1962,[1] é un músico, escritor e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1962 (61 anos) Sober, España |
Alcalde de Sober | |
2011 – ← José Gómez Vázquez | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sober |
Ocupación | músico , mestre , político |
Lingua | Lingua galega |
Está diplomado en Educación Infantil. Foi mestre do Conservatorio de Música de Ribadavia e creou e dirixiu a banda xuvenil de música. Logo foi mestre no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde tamén dirixiu a banda do centro. Pasou despois ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde foi mestre de clarinete e clarinetista da Banda Municipal de Ourense. Foi director da Banda e da Escola de Música de Sober[1] dende 1997 e tamén creou a Banda Xuvenil de música. Foi correspondente en Sober do xornal El Progreso e da Axencia EFE
Foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do concello de Sober. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sober, obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.[2] Repetiu como alcalde con maiorías absolutas en 2015, de 2019 e 2023.[3]
En 2022, foi elixido presidente do PP de Sober por aclamación co 100% dos votos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.