político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Tudanca Fernández, nado en Burgos o 25 de maio de 1978, é un político español do PSOE, desde 2008 é deputado por Burgos[1] e secretario xeral do PSOE de Castela e León desde outubro de 2014.[2].
Tudanca está licenciado en dereito, especializado en dereito do consumo. Foi membro da Xunta de Goberno da Universidade de Burgos de 2000 a 2002. Militante do PSOE desde 2000, foi secretario de organización do PSOE de Burgos entre o ano 2008 e 2012. É deputado no Congreso desde o ano 2008, e é o secretario xeral da Comisión Executiva Provincial do PSOE de Burgos desde o 2 de xuño de 2012,[2] O 4 de outubro de 2014 os militantes do PSOE de Castela e León elixírono en primarias como secretario xeral rexional, ratificado o 18 de outubro de 2014 por un congreso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.