A Mesa pola Normalización Lingüística, MNL, é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Datos rápidos Tipo, Propósito ...
A Mesa pola Normalización Lingüística
Thumb
Thumb
Tipoasociación cultural
Propósitonormalización lingüística
Área de operaciónGalicia
Data de fundaciónabril de 1986
Fundador(es)Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Federación de Asociacións Culturais Galegas
Presidente/a
Marcos Maceira (2014-) Editar o valor en Wikidata
Avelino Pousa Antelo|Avelino Pousa Antelo]] (-) Editar o valor en Wikidata
Eventos/ActividadesCorrelingua, Liña do galego, Abertos ao galego e Pipocas
Organización subsidiariaFundación Vía Galego
Organización relacionadaPlataforma Queremos Galego! e Vía Galega
Localización
EnderezoRúa García Prieto 7, 15706
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.amesa.gal/
Facebook: amesanl Twitter: amesanl Instagram: amesanl Telegram: amesanl Youtube: UCMjjDkrTRYU-mRfps4g6M7w Flickr: amesanl Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].

Actividade

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou aos tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foi absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].

No 2017 A Mesa realizou unha campaña chamada "Sentido Común" para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para reclamar que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego no ámbito socioeconómico.[7]

Presidentes da Mesa

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.