![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Le_Joola_at_Ziguinchor_1991.jpg/640px-Le_Joola_at_Ziguinchor_1991.jpg&w=640&q=50)
MV Le Joola
From Wikipedia, the free encyclopedia
O MV Le Joola foi un transbordador propiedade do goberno senegalés, que capotou e se afundiu fronte á costa de Gambia o 26 de setembro de 2002, cun resultado de 1863 mortes e 64 superviventes.[1] Está considerado o segundo maior desastre non militar na historia marítima.
![]() Transbordador MV Le Joola en Ziguinchor, Senegal en 1991. | |
Historia | |
---|---|
Senegal | |
Nome: |
Le Joola |
Dono: |
Republique Senegal, Ministere de l'Equipement, Dakar / Senegal |
Operador: |
Forzas armadas do Senegal |
País | |
Ruta: | |
Construtor: |
Schiffswerft Germersheim GmbH (Alemaña) |
Adquirido: |
1990 |
Fóra de servizo: |
|
Identificación: |
|
Destino: |
Capotado e afundido en mar bravo o 26 de setembro de 2002 |
Estado: | Afundido |
Notas: |
O barco foi sobrecargado, cunha estimación de 1,863 persoas a bordo no momento do desastre. |
Características xerais | |
Clase e tipo: |
Transbordador Ro-Ro |
Tonelaxe: |
2,087 GRT |
Eslora: |
79.5 m |
Manga: |
12 m |
Calado: |
3.1 m |
Capacidade: |
|
Tripulación: |
44 |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/MVjoola_Locator.png/320px-MVjoola_Locator.png)
O barco cubría a ruta dende Ziguinchor, na rexión de Casamanza, ata a capital senegalesa, Dakar, cando se atopou cunha violenta tormenta, máis lonxe da costa do que tiña permitido. Os case 2.000 pasaxeiros que se estima que viaxaban a bordo (a metade sen billete) equivalería a polo menos, tres veces a capacidade do barco; máis deles durmindo na cuberta (e polo tanto, sobre o seu baricentro), o que engadiu máis inestabilidade. As operacións de rescate non arrancaron até varias horas despois.
Unha investigación do goberno apuntou principalmente a unha neglixencia e as acusacións chegaron a sinalar ao presidente do Senegal e ao primeiro ministro.